O Temple; cidade dormitorio
Ola a todos! Para seguir facendo patria hoxe falarei de onde vivo. Trátase dunha localidade de aproximadamente 5000 habitantes a oito kilómetros da cidade da Coruña e bañado pola ría do mesmo nome. Conta cun paseo marítimo de seis kilómetros e amplas zonas verdes ademáis de carril bici para os entusiastas deste deporte.Ten multitude de establecementos: tendas de roupa, supermercados, perruquerías...pero sen os agobios, atascos ou ruídos das urbes.Atópase ademáis preto do aeroporto da coruña e ben comunicado porque ten ó lado a autopista. Hai unha ponte romana, a ponte do Burgo que durante a Guerra da Independencia foi derrubada polos ingleses para impedir a chegada dos franceses.
Hoxe reconstruida é un dos emblemas da vila. Invítovos a todos a coñecela. Un saúdo!
Hoxe reconstruida é un dos emblemas da vila. Invítovos a todos a coñecela. Un saúdo!
1 comentario
inés -
A ver cando vés dar unha volta por Vigo e logo pós un post sobre esta cidade!!Por certo que hoxe achegouse unha rapaza que eu non coñecía e presentáronnos, e entón colleu ela e díxome: "eu son amiga dunha amiga túa" e eu pregunteille de quen, e díxome "de zeltia". Chámase Xisela. Marcho cear miña nena que son as nove. Un bico. Segue así. Cando fales do Burgo fala da rosa, mira se temos o Santo Grial enterrado na ría!!